Axudas LEADER
As axudas LEADER son subvencións europeas que apoian proxectos de desenvolvemento rural para impulsar a economía e mellorar a calidade de vida no territorio.
No ano 2025 publicáronse as BASES REGULADORAS E A CONVOCATORIA das axudas LEADER, no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027:
As persoas físicas ou xurídicas de carácter privado, as comunidades de montes e as súas mancomunidades e as entidades públicas de carácter local ou comarcal.
180.000 euros.
Trátase dunha subvención de ata 18.000 euros, destinada a apoiar a posta en marcha de actividades non agrarias no rural, ligada ao mantemento da actividade e ao cumprimento dun plan empresarial viable durante un mínimo de cinco anos. Poderán solicitala persoas físicas que se dean de alta como autónomos e creen o seu propio posto de traballo (máis información no baremo e normas de xestión do GDR)
Concellos de Barro, Bueu, Campo Lameiro, Cangas, Cerdedo-Cotobade, A Lama, Marín, Moaña, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra, Soutomaior e Vilaboa. Quedan excluídos os núcleos urbanos de poboación de Cangas, Marín e Pontevedra e os parques empresariais do concello de Pontevedra.
1 MES do 1 ao 30 de MAIO de 2025.



A seguinte documentación é de interese para calquera persona interesada en solicitar a axuda LEADER:
Documentación Leader 2023-2027:

As actuacións que poderán subvencionarse (claúsula 4ª do Convenio) son: Creación de establecementos de restauración, cos condicionantes que se indican no convenio, a creación de establecementos de aloxamento, cos condicionantes que se establecen no convenio, a creación e/ou mellora de empresas de servizos turísticos complementarios, as rutas de sendeirismo homologadas, e a construcción de miradoiros.
Tramitación para actuacións con incidencia no sector turístico promovidas no territorio de Galicia:
1.- As persoas promotoras deberán solicitar nos Departamentos territoriais da Axencia de Turismo de Galicia o informe previo favorable de clasificación que corresponda segundo o tipo de establecemento.
2.- As persoas promotoras que teñan xa ese informe deben achegalo coa solicitude de axuda como “outra documentación”. As que non o teñan deberán achegar xustificante de telo solicitado.
3.- As persoas promotoras deben achegar coa solicitude de axuda a ficha que vos achegamos cuberta, como “outra documentación”.
Baremo e normas de xestión Leader 2023-2027
Solicitude de axudas e modelos de compromiso baremo GDR15 Leader 2023-2017
Formularios de Solicitude
As solicitudes de axuda, xunto coa documentación complementaria e compromisos do baremo GDR15, presentaranse por vía electrónica a través dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia e réxense polo Réxime de Axudas publicado, xunto coas Bases Reguladoras publicadas no DOG do día 30.04.2025
Certificado de cumprimento dos prazos de pagamento a provedores (Lei 3/2004, do 29 de decembro) para proxectos produtivos con importe de subvención superior a 30.000,00 euros, que deberán cubrir algún dos seguintes modelos de declaración responsable/certificado. Modelos orientativos de Declaración Responsable de Morosidade:Podes consultar os anexos normalizados a efectos informativos neste ENLACE