Participa
Para que unha entidade teña a condición de asociado deberá figurar na lista de fundadores ou ben, unha vez constituída a asociación, solicitar o ingreso mediante un escrito dirixido ao presidente no que manifeste a vontade expresa de adherirse á asociación e de comprometerse coa consecución dos fins estatutarios. Debe xuntar, ademais, un acordo do órgano competente da entidade que exprese a vontade de ser asociado e a persoa, titular e suplente, que a representará na asociación.Asociarse
Para adquirir a condición de asociado haberá que presentar unha solicitude de ingreso, que pode descargar na parte inferior, xunto coa seguinte documentación:
- Acordo do órgano competente da entidade que exprese a vontade de ser asociado
- Acordo do órgano competente nomeando as persoas representantes da asociación: Titular e Suplente.
- Copia dos Estatutos
- Copia da Acta de Constitución e acreditación rexistro de asociacións
- Copia do C.I.F. da entidade e do N.I.F. dos representantes (Titular e Suplente)
- Acreditación dun ano de actividade no territorio
Cando un candidato a ser asociado non teña o seu domicilio social no ámbito de actuación desta asociación deberá demostrar que desenvolve unha actividade relevante e consolidada no tempo en dito ámbito territorial.
Cando unha entidade solicite a entrada no GDR deberá acreditar un ano de actividade no ámbito territorial da asociación.
O presidente trasladará a solicitude á xunta directiva, que deberá resolver, adscribindo á solicitante a unha das mesas sectoriais, segundo o seu interese preferente.
Contra o acordo denegatorio da admisión o solicitante poderá recorrer ante a primeira asemblea xeral que teña lugar, debendo figurar este asunto expresamente na orde do día correspondente.
Documentos asociados:
Dereitos e obrigas coma Socio do GDR Pontevedra – Morrazo
Dereitos dos asociados.
Os asociados teñen os seguintes dereitos:
- Elixir e ser elixidos para formar parte da xunta directiva e doutros órganos que se poidan crear.
- Participar con voz e con voto na asemblea xeral.
- Obter información sobre calquera aspecto da marcha da asociación que lle poda resultar de interese.
- Os demais que resulten das normas legais e dos estatutos da asociación, ou dos acordos validamente adoptados polos seus órganos sociais.
- Participar nas actividades da asociación.
- Ser oídos con carácter previo á adopción de medidas disciplinarias contra eles e ser informados dos feitos que dean lugar a tales medidas.
- Impugnar os acordos dos órganos da asociación que estimen contrarios á lei ou aos estatutos.
Para poder participar na asemblea xeral e nas actividades da asociación será necesario estar ao corrente no pagamento das cotas.
Obrigas dos asociados.
Son obrigas dos asociados:
- Satisfacer a cota de entrada e a de mantemento se esta estivese fixada.
- Asistir ás asembleas xerais e acatar os estatutos e os acordos validamente adoptados polos órganos sociais.
- Ocupar os cargos para os que resulten elixidos e desempeñar fielmente as obrigas inherentes a ditos cargos.
- Participar e realizar cantas tarefas lles sexan encomendadas pola asemblea xeral, a xunta directiva, as mesas sectoriais das que formen parte ou outros órganos que se creen.
- Ausentarse nos debates e votacións sobre asuntos nos que teñan interese directo por motivos de titularidade, económicos ou societarios, de parentesco até o terceiro grao de consanguinidade, afinidade ou adopción, ou de amizade íntima ou inimizade manifesta.
- Fomentar os obxectivos que promove a asociación.
- Cumprir os demais deberes que resulten dos preceptos legais e estatutarios ou dos acordos validamente adoptados polos órganos sociais.