Quen somos
O Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra Morrazo (GDR 15) é unha entidade sen ánimo de lucro que traballa para impulsar o desenvolvemento sostible do medio rural, dinamizando e promovendo proxectos que xeren emprego, innovación e cohesión social.
Somos unha asociación plural e participativa, integrada por entidades públicas e privadas que representan a diversidade do noso territorio: concellos, comunidades de montes, asociacións profesionais, culturais e sociais, etc.

Como funcionan os GDR
Grupo de Desenvolvemento Rural é a entidade que elabora, deseña e executa a estratexia de desenvolvemento local participativa (EDLP) do territorio.
Dende o ano 2008 o GDR Pontevedra Morrazo foi nomeada entidade colaboradora da Xunta de Galicia para a xestión dos fondos LEADER no noso territorio e formamos parte da Rede Galega de GDRMisión, visión e valores
O GDR Pontevedra-Morrazo constitúese en setembro de 2008 como asociación sen ánimo de lucro que pretende servir de núcleo de converxencia e representación de axentes sociais e entidades xurídicas e institucionais, tanto públicas como privadas, interesadas no desenvolvemento rural e integral da zona; dando cumprimento ó principio de “portas abertas” a calquera organización do territorio que desexe participar.
Os valores do GDR Pontevedra-Morrazo trazarán o horizonte de traballo para acadar a misión e a visión. A súa vez, serán a base na que se apoiará a consecución dos obxectivos:
• Sustentabilidade: Na procura dun crecemento económico respectuoso co medio ambiente e coa equidade e benestar social, poñendo en valor os recursos endóxenos do territorio sen comprometer o seu uso e desfrute polas xeracións futuras.
• Identidade territorial: Referido ao conxunto de elementos tanxibles e intanxibles do territorio que poden diferencialo e actuar como elemento de cohesión interna, reforzando a implicación de todos os actores locais no desenvolvemento integral do mesmo.
• Innovación: Como panca para o crecemento, procurando a xeración de novos produtos, servizos e/ou actividades que contribúan ao desenvolvemento e a competitividade económica.
• Cooperación e colaboración: Promovendo a interacción entre persoas e/ou entidades que permita aflorar sinerxías para acadar o desenvolvemento de novas actividades no rural.
• Cohesión e integración social: Con capacidade de xerar e consolidar un modelo social e económico que posibilite a incorporación ao mercado de traballo de colectivos desfavorecidos con especiais dificultades de inserción laboral.
• Responsabilidade social: Na procura dun compromiso ético das persoas, empresas e/ou entidades do territorio co respecto dos dereitos fundamentais, coa igualdade de oportunidades, ou coa protección do medio ambiente, entre outros elementos.